Join Nostr
2024-08-27 14:52:08 UTC

Marcos Taracido on Nostr: Cando deixei hai dous anos Twitter no meu timeline non había ultras, nin merdas ...

Cando deixei hai dous anos Twitter no meu timeline non había ultras, nin merdas fascistas nin nada que eu non quixera ler. Non penso voltar alí, mais digo isto porque a realidade é que hai xente moi válida que segue en X e que non está a percibir toda a merda que pulula por aí. É coma cando me falan do insoportábel que resultan os grupos de Whatsapp: pois non o sei, porque só estou en tres: un profesional, un familiar (de temática exclusivamente familiar) e outro de "amigos" que teño silenciado.