Join Nostr
2024-08-19 09:34:03 UTC

Marcos Taracido on Nostr: Mastodonia: o vindeiro curso teño que impartir Valores éticos (3ºESO). A miña ...

Mastodonia: o vindeiro curso teño que impartir Valores éticos (3ºESO). A miña idea é basear ás aulas en dilemas éticos, en facerlles pensar, ver puntos de vista, reformularse posturas, perspectivas... E facelo, se recolo material abondo, presentando primeiro unha historia. Así que pídovos axuda: por este orde de preferencia: cortos, capítulos de series, minidocumentais, relatos breves, películas... que dean pe a comentar un dilema ético ou a darlle voltas a un posicionamento moral.